Bos días, boas tardes, boas noites... como alguén dixo
algunha vez, eu tampouco sei como comezar e rematar as cousas. A quen non lle
pasou o de ver “introdución” e ter unha embolia cerebral despois dunha hora
pensando? Pensando en que? Que poñer? Non! Pensando: como non vou ter nada que
dicir? (aplicable a calquera situación, académica ou non). Pois iso mesmo me
sucedeu ante o fenómeno Toro de la Vega.
Non existe introdución no mundo para este acontecemento.
Así, sen introdución. Comecei hoxe a escribir por unha
razón, que non debe desmerecerse por ser unha, senón revalorizarse por ser
única: conclúo a primeira semana de preparación das oposicións a profe de
secundaria! (exclamación de grito liberador). Pois ben, como futura profe
(espero) formuláronseme varias dúbidas en relación con ambos temas, de
“rabiosa” actualidade (neste caso vénlle xenial o adxectivo de ámbito
periodístico), o Toro de la Vega e a
educación. No primeiro saco podemos meter toda a tauromaquia e maltrato animal,
do que falaremos noutra entrada futura porque é un tema ó que me achego
pouquiño a pouquiño porque me asusta afondar nel. Co segundo refírome á
educación máis bonita, á educación de educar, non a de ensinar e aprender, xa
que logo, a lei obriga a educar, pero... un momento! A lei tamén nos obriga a
respectar ós demais, sen importar a raza, etnia, relixión e un longo etc. (nota
mental: teño que aprendelo). Esta é a miña grande dúbida, que lle digo a
un/unha alumno/a que me pregunte por esta incongruencia, poderíase dicir
lexislativa? Non sei como chamarlle nin sei como explicalo. Obviamente sairía
do paso con calquera rimbombante resposta que nin eu nin o suposto discente
comprendería, ó que todos botamos man de cando en cando.
Mais, agora, gustaríame reflexionar un pouco sobre este
tema. Digo que é incongruente porque a sociedade, a través dos partidos
políticos que todos e todas eliximos democraticamente, permita que exista unha
lei contra o maltrato animal e outra que o permita. É certo que existen outras
moitas, pero esta paréceme especialmente chamativa polo mediático do asunto. A
lei educativa (LOMCE e anteriores) promulga durante moitos e moitos parágrafos,
no preludio e no texto mesmo, o respecto cara os demais, que calquera opinión é
válida, que debemos escoitar sen xulgar... en consonancia, tamén di o mesmo de
cara ós animais. E logo? Que lle digo ó/á alumno/a? Que está ben o maltrato
animal cando é unha tradición milenaria? Creo que os rapaces e rapazas deste
país xa non poderían entendelo, porque viven noutro mundo. E fan ben. Ou os que
viven noutro mundo son os habitantes de Tordesillas? En todo caso, continúo co
mesmo debate interno.
A solución podería pasar por varios puntos. 1. Declarar un
estado independente chamado Tordesillas. A experiencia en Cataluña di que non é
minimamente probable. 2. Retirar da lei educativa calquera referencia ó respecto,
tanto animal como das persoas. Darllo ó primeiro significa quitarllo ós
segundos, e viceversa (palabra en boga que non debía deixar pasar). 3. Eliminar
o festexo. E se facemos isto? Non entraría en contradición con nada, todo o
contrario, significaría ser, por fin, coherentes coa clase de sociedade que lle
queremos –manifestamente- transmitir á próxima xeración. Isto lévame a outra
cuestión: que é o maltrato animal? Poderían ser as granxas, os zoos, os circos
focos de maltrato? Por que non se dirixen os periodistas en masa a retratar
fielmente o que nestes lugares teñen que soportar millóns e millóns de animais
día tras día? Porque, ó igual que me sucede a min, ollos que non ven...
Como xa dixen, non sei como rematar, como concluír, como
pechar esta entrada. E non quero facelo. O Toro
de la Vega é un síntoma, un símbolo, non de España (todo o mundo se
avergonza deste estado, sen falta de razón) senón do mundo enteiro. Somos a especie
depredadora, egoísta e orgullosa que acabará co resto e consigo mesma. Pero
tamén a lei me obriga a non ser alarmista. En definitiva, non teño resposta.
Quizais sexa que o mundo e o ser humano é definición de contradición, o noso
papel é aceptalo ou non e actuar en consecuencia. Bos días, boas tardes e boas
noites.
![]() |
| Fonte da imaxe |

O problema é que legalmente a tauromaquia non é maltrato animal, se non que como di o Preámbulo da Lei 18/2013, de 12 de noviembre, para la regulación de la Tauromaquia como patrimonio cultural:
ResponderEliminar"La Tauromaquia es una manifestación artística en sí misma desvinculada de ideologías en la que se resaltan valores profundamente humanos como puedan ser la inteligencia, el valor, la estética, la solidaridad, o el raciocinio como forma de control de la fuerza bruta. A ello hay que añadir que forma parte de la cultura tradicional y popular, como conjunto de las manifestaciones, conocimientos, actividades y creencias pasados y presentes de la memoria colectiva, siendo uno de los puntos de referencia a partir del cual las iniciativas de la sociedad se enmarcan en un contexto configurador de la identidad nacional propia, arraigada en una pluralidad de formas de expresión popular.
La sociedad española es muy diversa y dentro de esa diversidad encontramos grandes aficionados y a su vez muchos ciudadanos que han manifestado su preocupación por el trato que reciben los animales durante los espectáculos taurinos. Conscientes de la heterogeneidad de la sociedad, también debemos admitir que, actualmente, existe un consenso en la aceptación mayoritaria del carácter cultural, histórico y tradicional de la Tauromaquia como parte esencial del Patrimonio Histórico, Artístico, Cultural y Etnográfico de España. Como tal, es responsabilidad de los poderes públicos asegurar la libertad del creador y, en este caso, del desarrollo de cualquier expresión artística, como es la Tauromaquia, y el respeto hacia ella".